Gazi mantivo unha boa relación co Pastor e co liderado da nosa igrexa en Katjel, Albania.  Viña de cando en vez para gozar de confraternidade e xogar ao ping pong, pero nunca tivo interese en Deus. É pintor e moi coñecido na súa vila polo seu bo facer. O fillo de Gazi, Uesli, fai xa 3 anos que forma parte do noso programa.

O mes pasado decidimos renovar parte do espazo do noso programa e igrexa en Katjel. O pastor Lefter preguntou se podiamos contratar a Gazi como bo amigo e bo pintor na zona. O traballo tiña que facerse rápido para que o programa puidese continuar. Así que Gazi e o seu irmán traballaron longas horas para rematar a tempo.

Durante a semana, o estudo da Biblia e as reunións de oración tiveron lugar no edificio con normalidade. Gazi asistiu a unha das reunións de oración e pediu oracións. Dixo que o seu espírito obtivo paz e ledicia.

Entón, ao día seguinte asistiu ao estudo bíblico e soubo que a Biblia era algo máis que un bo libro que trae sorte (como moita xente en Albania pensa). Quixo experimentar de novo esa alegría e paz polo que a semana seguinte, aínda que o traballo rematou, colleu ao seu fillo e foi de novo á reunión de oración. Gazi orou co pastor Lefter e aceptou a Xesús como o seu Señor e Salvador.

Alegrámonos con Gazi xa que lle compromete a vida ao Señor e comeza a súa andaina con el.